O Teatro Rosalía acolle este martes 20 ás 20.30 horas unha homenaxe poético-musical ao escritor a quen neste 2016 se dedican as Letras Galegas, veciño da Coruña nos derradeiros anos da súa vida. Actuarán Os Diplomáticos de Montealto e un grupo de cámara que interpretará diferentes poemas de Manuel María musicados por Xosé Carlos Seráns. Entrada libre até completar aforo.